Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra ten os gañadores do concurso de fotografías Disfrázate na Casa

VEDRA. Con ánimo de manter vivo o espírito entroideiro, o Concello de Vedra puxo en marcha o certame Disfrázate na Casa. Unha proposta que animou á veciñanza a sacar os traxes de Entroido para amosalos a través de fotografías que se subiron ás redes co cancelo #disfrazatenacasa. Esta semana déronse a coñecer os gañadores. En total, foron 21 as fotos presentadas ao concurso, e de entre elas, a que máis ‘gústame’ obtivo foi a de Cristina Souto (561) e que polo tanto se levou o galardón á mellor valorada. Esta imaxe é a que podemos ver á dereita. O premio foi un vale de 100 euros para gastar en calquera negocio, servizo e sector do concello salvo en produtos de alimentación. Jorge Seoane, María Jesús Picón, Lorena Merlos, Gemma Rosende e Nerea Pérez levaron cadanseu bono de 50 euros tras saír vencedores no sorteo. Pola súa parte, Rebeca García foi a persoa que gañou o sorteo levado a cabo entre todos os que participaron cos seus votos, e fíxose cun vale de 30 euros, tamén para mercar na vila. As fotos obtiveron en total 1.968 votos e dende o goberno local amosan o seu agradecemento “a todas as persoas que se animaron a participar compartindo os seus disfraces e mantendo vivo o espírito”. A.P.

27 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.