Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra vivirá en liña a Festa da Camelia ata o mes de marzo

Está previsto plantar a flor nas parroquias que cada ano axudan na celebración // Haberá documentais e un concurso de debuxo infantil

Vedra non poderá homenaxear este 2021 a camelia como o vén facendo nos últimos 25 anos. A pandemia obriga a evitar os actos sociais, polo que a efeméride tivo que readaptarse aos tempos actuais e empregar as novas tecnoloxías. Deste xeito, o Concello de Vedra, coa colaboración da Xunta de Galicia por medio do programa O teu Xacobeo, preparou distintas actividades para pór en valor esta parte do seu patrimonio.

O próximo día 26 estrease, en liña, o audiovisual 25 anos das Xornadas arredor da Camelia. Antes da chegada da COVID, en febreiro do 2020, Vedra puido celebrar o cuarto de século da festa e agora esta peza lembra a historia do evento. Xa o domingo terá lugar, en verbas do propio Concello, “un dos actos máis emotivos desta edición”. En cada unha das parroquias que colaboran cada ano na Festa da Camelia plantarase a flor homenaxeada en agradecemento “ás persoas que poñen o seu esforzo para que todo saia ben”, explican .

As propostas siguen en marzo. E é que o vindeiro mes o goberno local organiza unha actividade para saber máis da camelia. Os venres 5 e 12, en liña, emitiranse dous vídeos titoriais para os amantes dos xardíns e a creatividade. O primeiro leva o título Coñecendo a flor, a folla e os coidados da camelia e o segundo Manualidades con camelia para toda a familia.

Non podía faltar o concurso infantil de pintura que chega a súa edición número 21. Coma sempre terá tres categorías nas que cada concursante poderá presentar unha única peza en tamaño A4. Cada unha delas terá tres premios: unha tablet para o primeiro, un xogo educativo o segundo e un lote de libros o terceiro. Hai ata o 5 de marzo.

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.