Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Venres teatral para os nenos cun oso panda e adultos con violencia machista

As compañías Baobab e Inversa levan o seu arte ós principais núcleos
de poboación de Ames

Ames. A programación cultural de teatro, música e danza de Ames continúa este venres, 5 de marzo, co espectáculo Mai Mai, da compañía Baobab Teatro. A obra está dirixida a público infantil de máis de 5 anos de idade. Terá lugar na casa da cultura de Bertamiráns ás 18.00 horas. O mesmo día, 5 de marzo, retómase a actividade cultural dirixida a un público adulto. A obra titulada Sofía e as postsocráticas, da compañía Inversa Teatro, representarase no Milladoiro ás 20.30 horas.

Mai Mai conta a historia dunha muller emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo, quenes comezan unha viaxe por separado para atopar o último oso panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que deberán solucionar.

A obra Sofía e as postsocráticas versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes (Sócrates, Platón e Aristóteles, que interpretan mulleres) buscan un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que se fai o cálculo do que é e o que non é violencia machista. m.b.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.