Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Virtual Project leva o pop ao Parque do Ameneiral

AMES. Continúa o programa AmesON cun novo concerto este sábado 28 de agosto a cargo do grupo Virtual Project. Actuará no Parque de Ameneiral, en Bertamiráns (20.00 horas), e seguro que vai sorprender aos asistentes con música pop/rock nacional e internacional dos anos oitenta e noventa.

Hai que lembrar que a concellería de Promoción Económica pon en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante o verán. O último concerto do mes de agosto será o do grupo Virtual Project, un proxecto que naceu ante a imposibilidade de facer directos durante a pandemia. O seu repertorio está formado por música pop/rock nacional e internacional dos anos oitenta e noventa, e o quinteto chega a Ames coa pretensión de animar ao público a cantar, bailar e recordar momentos da mocidade. O próximo concerto do AmesON será o vindeiro venres día tres de setembro coa Orquestra París de Noia. m. m.

27 ago 2021 / 20:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.