Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Visita ata o Fogar do meu burro dende A Madalena

Ames. Persoal e alumnos da escola infantil municipal A Madalena, do Milladoiro, recuperaron as actividades que se viñan realizando fóra do centro escolar antes da pandemia. E fixérono coa rapazada de 2 a 3 anos deste centro educativo, que puideron participar nunha plantación de carballos coa Aula da Natureza e tamén acudiron a desfrutar do Fogar do meu burro, en Lamas.

Trátase dun programa que busca dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día e aprender sobre aquilo que teñen máis próximo, como principais obxectivos da iniciativa bautizada Coñecendo o entorno máis próximo. Durante a visita estiveron acompañados do músico e terapeuta, Tomás Rábanos, e os nenos puideron montarse nos animais, acariñalos e cepillalos. Pero ademais, foi unha visita na que os alumnos puideron experimentar coa música e o movemento grazas á colaboración de Rábanos. ECG

12 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.