Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volta a Ames a maxia dos zocos e trasnos

ames. Cento oitenta e tres trasnos repartirán os agasallos que pediron 183 nenos, os zocos. Nesta edición inscribíronse na campaña un total de 189 trasnos, unha cifra moi similar á de outros anos. Os veciños que se anotaron como voluntarios, actúan como paxes dos Reis Magos achegando ese agasallo aos dous puntos Trasnos, situados nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro; e os días 3 e 4 de xaneiro farase o reparto. Preto de 200 nenos e nenas de Ames recibirán os seus agasallos o día de Reis grazas á campaña Zocos e Trasnos. Esta iniciativa, que se desenvolve por sexto ano consecutivo, é organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, dependente da Concellería de Benestar Social. O seu obxectivo é que ningún cativo de Ames quede sen a súa sorpresa nestas festas, grazas á colaboración dos trasnos. Estes últimos, son veciños voluntarios que achegarán un agasallo de Reis a cadanseu zoquiño. m. a.

31 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.