Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Voluntarios de Cáritas O Milladoiro alegran estas datas cun roupeiro do máis orixinal

Ames. Raquel Riveros é voluntaria en Cáritas O Milladoiro. Ela posúe unha tenda online e foi a través dunha petición do cura do municipio cando decidiu investir o seu tempo libre en axudar ás familias máis necesitadas. Dende hai dous semanas son catro as voluntarias que se van turnando para encargarse do roupeiro, que está ubicado nun garaxe da rúa San José. Alí reciben as prendas doadas pola veciñanza para repartilas entre as familias con menos recursos. Pero non é un ropeiro calquera, senón que o converteron en toda unha tenda, posto que cada produto está organizado como se fose un escaparate. “Cuando estás aquí te das cuenta de lo afortunados que somos. Hay mucha gente sin hogar que necesita esto y más en la situación actual”, afirma Raquel, que logrou facer do roupeiro xunto as súas compañeiras un sitio máis agradable para os usuarios.

Agora mesmo tamén están empaquetando agasallos coa idea de que ningún neno se quede sen o seu este Nadal. “Recibimos juguetes nuevos o usados pero en buen estado, los limpiamos y los envolvemos para que las familias los tengan listos el día 29 y se los entreguen en Reyes”. A colaboración cidadá, segundo relata, está a ser moi positiva, posto que son moitos os voluntarios que se ofrecen a cubrir os xoguetes con papel de regalo. “Hay mucha gente solidaria, muchos voluntarios que colaboran con la iglesia”, indica.

Desde Cáritas O Milladoiro aproveitan para facer un chamamento e que non se tire ao vertedoiro a roupa que non usan. O que para nós non supón nada, pode ser moi valioso para outras persoas e hai que pensar que a pandemia incrementou os niveis de pobreza. A. PRADA

26 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.