Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve a carreira Móvome pola paz para recadar alimentos en Barouta o luns

Ames. A comunidade educativa de Barouta retoma despois da dura pandemia a celebración do Día da Paz ca súa tradicional carreira solidaria baixo o lema Móvome pola paz. Búscase recadar alimentos e outros produtos de primeira necesidade para doar ao banco de alimentos municipal. E vai chegar este vindeiro luns, día 30 de xaneiro, a partir das 12.00 horas.

Nesta edición, tras dous anos de covid, volven con normalidade as probas, que contarán coa participación dos pais do alumnado de Barouta, así como con calquer veciño que queira achegarse. Por outra banda, tamén estarán presentes o alumnado de sexto de Primaria dos CEIP da Maía, de Agro do Muíño e da unitaria de Covas, como se viña facendo con anterioridade á imposición de medidas sanitarias e restricións.

O director do colexio de Barouta, Alonso Caxade, explica que “voltamos á normalidade en conmemorar o Día da Paz, e facémolo con toda a comunidade educativa: alumnado, familias que convidamos e incluso veciñas e veciños, que poden vir a correr a moverse pola paz; e tamén co alumnado de 6º do CEIP da Maía e do CEIP de Agro do Muíño, e ca escola unitaria de Covas”.

A carreira desenvolverase en distintas categorías, adaptadas ás capacidades físicas do estudantado, segundo sinalan dende a dirección do centro. Pero ademais, quenes non sexan demasiado devotos do movemento, poderán doar víveres deixándoos no propio centro, en horario de 08.30 a 15.00 horas. M. Outeiro

28 ene 2023 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.