Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve a verbena co Move Ordes e a cultura urbana que traerá a Boyanka ata Negreira

Subtitulo4li

A Barcala. Ordes e Negreira preparan cadanseu festival musical para as vindeiras semanas dirixido á veciñanza en xeral, no primeiro caso, e en torno á cultura urbana, no segundo. E ademais, estes eventos van ter entrada de balde.

Así, a capital ordense será marco do primeiro Move Ordes o sábado 28 de maio, onde ofrecen “vermú e tardeo” na rúa peatonal do Muíño. Inclúe a charanga O Santiaguiño, DJ, Os Piñeiros Band e Embruxo Gaiteiros, sen esquencer o ilusionismo para os máis cativos no edifico Isabel Zendal, ás 19.30 horas co Ilusionista Xalleiro. Xa a partir das 23.00 horas no campo da feira, verbena co Combo Dominicano. Haberá atraccións e polbeira, e a organización corre a cargo do Concello de Ordes en colaboración con Movida Ordes, Estrella Galicia e Petroni.

E xa cun compoñente máis milenial, o parque do Coto de Negreira será marco o sábado 25 de xuño a partir das 17.00 horas do Wakau Urban Fest, unha cita que se vai consolidando co paso dos anos e que inclúe actividades para os máis novos, como breakdance, graffiti ou un Taller Dj, e tamén zonas para practicar parkour, skate, waterslider ou basket 3x3. A música correrá a cargo de Wöyza e do exitoso dúo compostelán Boyanka Kostova, formado por Cibrán e Chicho. Colaboran Concello, Deputación coruñesa, Wakau Atlantic Coast e See Less. O.D.V.

21 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.