Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve o autobús para doar sangue ata Bertamiráns este luns coas reservas baixas

Estará toda a xornada diante da Praza da Maía e precisan incrementar os grupos A+, A- e tamén o O positivo

A Maía. A unidade móbil de doazón de sangue estará na avenida da Maía, diante da Praza da Maía de Bertamiráns, este luns 17 de xaneiro. O horario de mañá alongarase de 09.30 a 14.30 horas, mentres que pola tarde será de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar sempre cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Dende o Concello de Ames lembran que, na situación actual, na que necesariamente cómpre gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doantes, evitando esperas, motivo polo que se incide na solicitude a través de dito teléfono.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas dez unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días precísano moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos... Cada día, os hospitais galegos precisan entre catrocentas e cincocentas doazóns de sangue.

Segundo ADOS, as reservas atopábanse no remate desta semana en nivel baixo para os grupos O+, A+ e A-, mentras que do O- califícanse de normais. As unidades estarán o vindeiro mércores pola tarde en Caión e Paiosaco, no concello da Laracha, e tamén no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, municipio de Boqueixón, durante toda a mañá. M. Manteiga

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.