Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve o Entroido para todas as idades co programa Amessan na capital o 26

A Maía. A casa da cultura de Bertamiráns acollerá a Festa do Entroido de Amessan o próximo sábado 26 a partir das 17.00 horas. Alí os asistentes poderán desfrutar de música en vivo a cargo de Ana Angueira, e haberá buses para asistir ao evento dende as paradas de costume.

As prazas poden reservarse nos números de teléfono 662 377 044 ou 683 327 378 antes do xoves 24 de febreiro. Premiaranse aos mellores disfraces (a temática é libre) e dende a concellería de Benestar Social animan a toda a veciñanza a asistir disfrazada.

Neste departamento local recalcan que é unha festa aberta a todos os públicos, apuntando a concelleira Luísa Feijóo que “en 2021 non puidemos celebrar a festa de Entroido do programa Amessan polas restricións existentes da covid naquel momento; este ano retomamos esta festa”. M. Outeiro

17 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.