Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve o muralismo comprometido ata A Maía con Terra de Mulleres

A Maía. O proxecto Terra de mulleres: voces nos valos, organizado por 7H Cooperativa Cultural e pola concellaría de Benestar Social e Igualdade amesá, en colaboración coa Asociación Veciñal Tras do Río, volveu co seu muralismo comprometido tras a boa acollida da iniciativa por parte da veciñanza o pasado ano.

Trátase dunha proposta de arte urbana que busca recoller as testemuñas da veciñanza para crear obras con contexto e perspectiva feminista, plasmándoas en distintos murais no municipio. Nesta ocasión, o lugar escollido para desenvolver as actividades é a aldea de Tarrío, onde Nanako Nen, a coñecida artista ordense con experiencia neste tipo de pintura en gran formato, realizou un mural en homenaxe a Carme da fonte. Ademais, este sábado 12 de novembro, de 10.00 a 18.00 horas, impartirase un obradoiro de pintura de murais. Os interesados deben anotarse –o número de prazas é limitado– remitindo os seus datos ao email 7hcoop@7hcoop ou ben chamando ao teléfono 645 55 11 84.

Con esta iniciativa búscase implicar aos veciños na creación dun mural que se pintará sobre un dos valos do lugar de Tarrío, no que se tratarán de reflectir todas as lembranzas e teimas compartidas polos habitantes desta aldea. A localización exacta do lugar no que se desenvolverá o obradoiro pódese consultar premendo na ligazón da páxina web municipal. M.O.

10 nov 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.