Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volven pola saúde veciñal Amessan e mais Sanagua

ames. O 4 e o 5 de outubro son as datas para a volta das actividades de Amessan e Sanauga ao Concello de Ames, e os interesados teñen de prazo ata o 30 de setembro para anotarse chamando ó 662 377 044 ou 699 746 624 en horario de mañá.

Ademais, hai novidades: Amessan aumenta o número de actividades e incorpora o baile en liña e a bailoterapia, mentres Sanauga incorpora unha xornada de seco para que os maiores gañen forza e resistencia.

Deste xeito, Amessan volve con novos obradoiros saudables para os e as maiores de 60 anos, cuxa oferta se limitaba aos cursos de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica e música tradicional galega. Chegará ás casas de cultura e locais sociais de Agrón, Ameixenda, Aguapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira, Trasmonte e Oca. E Sanagua impártese na climatizada para mitigar as doenzas musculares e tamén de ósos. m. outeiro

16 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.