Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Votan un suplemento de crédito para subir un 1,5 % a retribución ó persoal

Ames. A Corporación amesá celebra este xoves un pleno, ás 20.30 horas, para avanzar na proposta de xuíz de paz substituto e aprobar un suplemento de crédito co remanente de Tesourería para afrontar unha suba salarial do persoal de 1143.881,52 €.

Así, e tras a notificación da Secretaría de Goberno do TSXG advertindo de que o mandato de catro anos do xuíz de paz substituto do Concello de Ames está próximo a vencer, polo que deben de aprobar as bases para licitar o posto, designándose logo dos 15 días hábiles a persoa.

Respecto do suplemento de crédito 5/2022, será a cargo do remanente de tesourería para gastos xerais. Dende Recursos Humanos informouse de que mediante o Real Decreto-Lei 18/2022, de 18 de outubro, aprobouse un incremento retributivo adicional do 1,5 % ao persoal público para o ano 2022, respecto dos emolumentos vixentes a 31 de decembro de 2021. Ten efectos retroactivos, e aplicarase dende o 1 de xaneiro de 2022, o que supón un incremento das retribucións non previstas nos orzamentos.

Tendo en conta que non cabe transferir crédito doutras aplicacións debido a que neste último trimestre do exercicio o gasto se atopa xa axustado, é necesario aprobar un suplemento de crédito para a suba do 1,5 %. A proposta de Recursos Humanos recolle tamén un cadro cos importes precisos para incrementar as partidas de gratificacións, horas extras, complementarias e as compensacións de festivos e servizos nocturnos. M.M.

23 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.