Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xa lucen as vistosas camelias nas doce parroquias de Vedra

A directora de Turismo e o alcalde participaron na prantación conmemorativa organizada con apoyo do programa da Xunta O Teo Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou onte nunha plantación conmemorativa de camelias que tivo lugar de xeito simultáneo nas 12 parroquias de Vedra. Xunto á Castro tomaron parte no acto o alcalde de Vedra, Carlos Martínez; Ramón García, presidente da Asociación de Veciños Picón, de Vilanova e Carmen Cutrín, presidenta da Asociación Tira e afloxa.

A plantación foi o acto central das actividades que se desenvolven ata o 12 de marzo no marco do programa Vedra, camiño de camelias, un proxecto da primeira edición de O Teu Xacobeo posto en marcha polo Concello de Vedra coa colaboración de doce entidades do municipio.

Coa iniciativa o Concello recoñece o traballo das asociacións que ao longo dun cuarto de século levan impulsando a Festa de Exaltación da Camelia en Vedra, que o ano pasado celebrou o seu 25 aniversario. Castro aproveitou para destacar a implicación veciñal e “o traballo de ornamentación conxunto que fai da festa unha celebración singular”.

Esta plantación súmase a outras actividades como obradoiros, concursos e vídeos arredor desta simbólica flor que se desenvolverán ao longo dos vindeiros días, no marco do programa global Vedra, Camiño Xacobeo, que é o que apoia a Xunta a través de O Teu Xacobeo cunha subvención de 15.000 euros. Así, o Concello ten previsto realizar unha ampla programación sociocultural vencellada ai Ano Santo a través da dinamización da Vía da Prata no seu último tramo antes da entrada a Compostela, con actividades culturais, científicas, gastronómicas e formativas que se desenvolverán nos vindeiros meses.

01 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.