Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xa poden anotarse os amesáns nos cursos de natación do vindeiro mes

AMES. Dende este luns e ata o 22 de xullo está aberto o prazo de inscrición para a segunda quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto. Nos cursos de natación do mes de xullo están participando 56 rapaces e rapazas. Estas actividades impártense nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Dita iniciativa está organizada pola concellería de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións para os cursos do mes de agosto hai que tramitalas a través da plataforma Cronos. Durante a primeira quenda (a deste mes) están participando nas actividades 56 rapaces e rapazas. En Bertamiráns hai 18 nenos mentres que no Milladoiro hai 38 usuarios. No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 €, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros. C.E.

12 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.