Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xa ten 25 anos a Capela de Bertamiráns e vaino celebrar cunha misa

Estará presidida por monseñor Prieto, bispo auxiliar de Santiago e será ás 20.00 horas

Ames. Este martes cúmprense 25 anos da Capela de Bertamiráns e para celebrar a efeméride oficiarase unha misa de acción de grazas ás 20.00 horas. Tal e como relata Beatriz Vázquez, da Cofradía da Peregrina de Bertamiráns, houbo un tempo no que a vila medraba cada día. “As leiras pasaron a ser rúas e edificios, os veciños multiplicáronse e a fisonomía desta vila mudou. A parroquia de Ortoño non chegaba fai 50 anos a 1.800 persoas, en cambio hoxe a súa poboación é duns 13.000 habitantes”, indica. “Naquel momento os membros da Cofradía da Peregrina e o párroco Campos déronse conta de que facía falta unha Capela nova para albergar o culto deste pobo e acoller á nova veciñanza así como para manter a devoción viva á Virxe Peregrina. Puxéronse mans á obra e ergueron na mesma rúa da antiga capela do Pazo unha nova igrexa máis grande e capaz”, apunta.

Aquela capela -a nova da Peregrina- foi bendecida o día 26 de xullo de 1997 por Antonio Vicente Ferreirós, vigairo de Santiago. Este martes cúmprense 25 anos daquel intre e monseñor Prieto, bispo auxiliar de Santiago presidirá unha misa de acción de grazas con este motivo. C.G.

26 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.