Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xincanas no colexio de Ventín pola igualdade do seu alumnado

Arrincaban estes días para rematar o 13 cunhas xornadas para toda a comunidade

Ames. A Asociación de Nais e Pais do colexio amesán de Ventín confirma a posta en marcha da segunda edición do programa Traballando pola Igualdade, que arrincaba esta semana cunhas Xincanas pola Igualdade nas que a rapazada, por parellas, acometerá labores como o cambio de cueiros, varrido da casa ou coser un botón.

Deste xeito comezaba a programación cas vinte e sete sesións de formación para o alumnado sobre aspectos relacionados ca igualdade, e que precisamente consistirán na realización doutras tantas xincanas pola igualdade que tratarán de concienciar ao alumnado sobre a importancia da corresponsabilidade nas tarefas domésticas.

“Sabemos que os nosos fillos e fillas son unha parte clave neste reto de ir construíndo unha sociedade máis xusta e igualitaria e agardamos que estas sesións sirvan para que descubran algúns dos defectos da sociedade actual que é preciso cambiar”, divulgaban a través das redes.

E xa para o vindeiro día 13 de novembro, o programa finalizará cas II Xornadas pola Igualdade que inclúe tamén a Escola de Nais e Pais e que van orientadas a toda a comunidade educativa, “porque o traballo pola igualdade é un traballo de equipo”.

O programa Traballando pola Igualdade do CEP de Ventín está financiado a través das axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais contra o machismo; pola Secretaría Xeral da Igualdade e a través dos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. m. outeiro

06 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.