Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xogos e obradoiros no Nadal Activo boqueixanés

Boqueixón. O Concello de Boqueixón iniciou onte as actividades do Nadal Activo. Este programa de conciliación conta cun total de 12 nenas e nenos participantes, que se dividen en dous grupos de seis co obxectivo de cumprir coas medidas de seguridade. A primeira xornada comezou cuns xogos de presentación entre a cativada e a continuación desenvolvéronse unha serie de obradoiros a través dos cales crearán un vistoso mural con motivos típicos do Nadal. As actividades desenvólvense nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto, e as vindeiras citas están programadas para o 28, 29 e 30 deste mes e o 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de mañá. En todo momento o acceso á instalación faise de forma ordenada e realízase un control de temperatura diario a todas as crianzas. Cada neno e nena debe traer o seu propio material e unha máscara de reposto. Tamén se aplica o protocolo ós adultos que os traian e recollan. A.P.

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.