Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xornadas para a igualdade da man de Lola Vendetta na capital local o 4 de decembro

Raquel Riba ofrecerá unha charla e un obradoiro de ilustración no que reflicte os micromachismos que atopa

Ames. As xornadas de igualdade e prevención da violencia de xénero en Ames, Acércate, que organiza a concellería de Igualdade, acadan este ano a súa undécima edición, e celebraranse o sábado 4 de decembro na casa de cultura de Bertamiráns. Contarán, como convidada, con Lola Vendetta, álter ego da debuxante Raquel Riba Rossy. E esta ilustradora, baixo o título Más vale Lola que mal acompañada, ofrecerá unha charla e un taller de ilustración. As inscricións poden facerse xa en www.acercateaigualdade.com.

Calquera persoa pode participar nesas xornadas, que este ano se desenvolverán entre as 10.00 e as 14.00 horas, e teñen cabida dende profesionais da educación a adolescentes, pais, nais e persoal de varios organismos relacionados coa igualdade de xénero. Lola Vendetta, pola súa banda, ofrecerá unha charla-coloquio e impartirá tamén un obradoiro para profesionais do sector, alumnado e público en xeral.

A artista, que estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona e ten máis de 150.000 seguidores na Rede, impulsa o empoderamento feminino a través de viñetas satíricas e reivindicativas nas que fala de machismos encubertos, relacións sexuais frustradas e conflitos de parella. E lembra que “traballaba de azafata de eventos e tiña moito tempo libre, así que comecei a preguntarme por que había tantos homes nos eventos de xente intelectual e por que as poucas mulleres que había estaban de pé sobre tacóns saudando e pensei: non é cómodo, non me gusta”, declaraba Raquel Riba nunha entrevista na que explicaba como naceu Lola Vendetta.

“Nun dos congresos aparentei tomar notas sobre os clientes cando en realidade estaba a desafogarme e a apuntar ideas. De aí naceu Lola Vendetta”, dixo. Para a concelleira Luísa Feijóo, “as xornadas teñen o valor de convidar á reflexión”. M. O.

30 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.