Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A alcaldesa de Cee di que non autorizou o concerto por carencias na documentación

Margarita Lamela insiste en que, de facelo, estaría permitindo un "evento ilegal"

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, despois do bronco pleno solicitado pola oposición motivado pola non autorización dun concerto de El Combo Dominicano previsto para o pasado día 3, insiste en que as causas foron as carencias documentais.

“O que non pode facer o concello é permitir un evento ilegal, poñendo en risco a seguridade das persoas que ían asistir e sen presentar a documentación necesaria”, explica. Asegura que o promotor presentou en primeiro lugar "unha declaración responsable incompleta e un seguro de responsabilidade civil a nome dunha persoa diferente, cunha cobertura de 900.000 euros e na que constaba como situación do evento Chapela (Pontevedra)”. Para un evento de 1.600 personas, o capital mínimo asegurado por sinistro debe ser de 1.600.000 euros, indica a rexedora.

Ademais, asegura que o promotor presentou un certificado de contratación do Servizo de Prevención de Riscos “a nome dunha persoa diferente; o protocolo da Covid estaba tamén a nome doutra persoa; presentaron unha póliza de seguro de accidentes a nome dunha empresa distinta ao promotor; e un recibo de responsabilidade civil pola actividade de aluguer de carpas tamén co nome dunha persoa diferente e cunhas dimensións de 250 m2, cando no croquis do plan de autoprotección a carpa é de 600 metros cadrados”.

Posteriormente, engade a rexedora, o promotor presentou no concello unha póliza de seguro de responsabilidade civil de 500.000 euros (asegura a 150 persoas), “inferior tamén ao mínimo legal de 1.600.000 euros. Ademais, notificou unha modificación do escenario, pasando de ser en tarima a escenario discoteca móvil”.

Pola súa banda, o técnico municipal emitiu un informe no que pon de manifesto “unha serie de incumprimentos”. Entre eles, destaca que o promotor non presenta declaración responsable completa nin un proxecto asinado por unha persoa técnica competente. “Non se designou un técnico responsable, que debe asumir nestes casos a responsabilidade técnica de execución do proxecto e acreditar a adecuación do espectáculo público aos requisitos esixibles”, engade Lamela.

Subliña por último que “ningunha póliza de seguro da cobertura algunha se non hai un proxecto asinado por un técnico competente, e se non hai unha certificación dun técnico responsable garantindo que se cumpren os requisitos esixidos legalmente”, conclúe.

05 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.