Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Costa da Morte non cala ante os malos tratos

Concellos, centros educativos e asociacións promoveron múltiples iniciativas de rexeitamento da violencia

A Costa da Morte amosou o rexeitamento da violencia de moi variadas formas: con concentracións online en Carballo e Muxía; coa lectura dun manifesto en Malpica, rodeados de zoquiñas vermellas; cunha recitación poética a cargo de Rosalía Fernández no IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas); cun minuto de silencio en Camariñas, Carballo, Dumbría e Vimianzo; coa publicación de vídeos no IESP Pedra da Aguia, de Camariñas e no IES Agra de Raíces, de Cee; e co fallo do concurso de microrrelatos, en Vimianzo, entre outras iniciativas.

Na capital de Soneira xuntáronse tamén os traballadores municipais e os alumnos do obradoiro de emprego diante duns bancos do paseo fluvial pintados por estos últimos nos que se poden ler as mensaxes: ‘Na Costa da Morte rompemos o silencio. Non cales ante os malos tratos”.

Concurso

A obra ‘Vidas perdidas’, de Estefanía Martínez, foi a gañadora do Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero convocado polo Concello de Vimianzo. Carmen Trillo con ‘Reminiscencias’ conseguiu o segundo premio e Lorena Cernadas, con ‘Amencer’ fíxose co terceiro posto. Ademais, os microrrelatos de María Dolores Araujo, María Lestón Oliveira, Samuel Blanco e Alba Sánchez tamén foron seleccionados para a súa publicación.

Representación en Cee

Pola súa banda, o Concello de Cee programou para o sábado, día 28 ás 18.00 horas no Auditorio Baldomero Cores, o visionado da entrevista coa Asociación Amino e a lectura dramatizada da peza ‘Karelu’ a cargo do actor Santiago Cuquejo e o director Gustavo del Río, da compañía Náufragos Teatro.

A representación, de balde, e con aforo limitado a 60 espectadores está pensada especialmente para os adolescentes a partir de 15 anos e público adulto en xeral. Co apoio do Xacobeo, esta representación poderá volver a verse ó dia seguinte no CulturGal de Pontevedra.

25 nov 2020 / 18:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.