Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Fundación Rosalía trae a Cee a exposición ‘A Casa de Galicia’

COSTA DA MORTE. A exposición A Casa de Galicia, comisariada por Pepe Barro e organizada pola Fundación Rosalía de Castro, chega a Cee este xoves. Será inaugurada ás 12.00 horas na Praza da Constitución, nun acto no que participarán a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Emprego, Emilia Trillo; a deputada provincial de Igualdade e Normalización Lingüística, María Muíño, e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, quen exercerá de guía para os escolares.

A mostra fai un repaso pola historia da Casa-Museo de Rosalía, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.

Este xoves tamén se presenta, a partir das 11.00 horas, o espectáculo musical O tranvía do Leonardo, protagonizado por Ignacio Vilariño, de Fantoches Baj. A actuación forma parte do programa Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas. J. M.

18 may 2022 / 17:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.