Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 30 noviembre 2021
02:47
h

A oposición ceense pide un pleno extraordinario a raíz do concerto fallido

CEE. Os catro grupos da oposición de Cee (PP, IxCee, BNG e C’s) solicitaron a convocatoria dun pleno extraordinario logo da polémica xurdida a raíz da denegación de autorización municipal para organizar un concerto o vindeiro día 3 de decembro. Aseguran que, segundo lles indicaron os organizadores, “a alcaldesa transmitiulles a necesidade de cumprir unha serie de requisitos referentes á seguridade e a limpeza posterior ao evento, así como a esixencia dun pago de taxas”. A este respecto, Ramón Vigo, portavoz de IxCee, sinalou que consideran “excesivas” as taxas que se lles pretendía cobrar e, por iso, a súa proposta de acordo no pleno vai encamiñada a aprobar “a bonificación das taxas correspondentes por ocupación de espazo público”. Pregúntanse ademais “por que noutros sitios se pode celebrar e en Cee non”. J. M. R.

26 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.