Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A piscina municipal de Cee incrementa a súa oferta de actividades para os usuarios

Implantará a prescripción de exercicio terapéutico individual // E o CEIP Eugenio López disporá de servizo de madrugadores grazas a unha subvención municipal

A Corporación de Cee aprobou a proposta da empresa concesionaria da piscina municipal co fin de incrementar os servizos que presta aos usuarios. Así, creará unha nova actividade especial denominada Prescripción exercicio terapéutico individual. O técnico municipal de Deportes, Manuel Calo, avalou a iniciativa porque “será unha mellora significativa, xa que a especificidade da mesma incrementa substancialmente a calidade da oferta do complexo deportivo”.

Trátase dunha actividade que require de persoal técnico cunha formación moi específica no campo do exercicio terapéutico e dunha atención minuciosa ao usuario, “que actualmente se está a demandar”, subliña o técnico.

Serán sesións individuais de un hora, que terán un custe de 25 euros, no caso dos abonados, e de 37,5 € para os non asociados, máis o IVE. Ademais ofreceránse bonos de 5 e 10 sesións por importes de 112,5 e 207,5 euros para os socios, e de 168,75 e 311,21 para os que non o son. Os impostos tamén se aplicarán a maiores.

Por outro lado, segundo informou a alcaldesa, Margarita Lamela, a partir do mes de setembro implantarase o servizo de madrugadores no CEIP Eugenio López da capital ceense. Será coordinado pola ANPA do colexio, á que o Concello lle concederá unha subvención de 3.000 euros. Con tal fin, a Corporación local aprobou na última sesión plenaria unha modificación do plan estratéxico de subvencións.

28 may 2022 / 19:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.