Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Valedora volverá a pedir información sobre o servizo de psiquiatría en Cee

En resposta a unha queixa formulada polo BNG di que non recibiu a documentación solicitada á Consellería de Sanidade

Dende hai varios meses, o BNG de Cee vén denunciando carencias no servizo de psiquiatría do Hospital Virxe da Xunqueira e mesmo presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo que, en días pasados, respostoulles sinalando que “a Consellería de Sanidade non reimitiu a documentación que lle foi pedida”, polo que volverá a solicitarlla.

O portavoz do BNG, Serxio Domínguez, considera “lamentable a postura da consellería non atendendo o requerimento da Valedora, tendo en conta que esta figura é o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas na Constitución. Parece que que á consellería e ao seu conselleiro non lles interesa o máis mínimo o que aconteza coa saúde mental na Costa da Morte”.

Asegura ademais que todos os recortes sanitarios teñen efectos importantes, “pero este quizais sexa máis grave ao ser unha das doenzas que provocan sofremento nas persoas que o padecen, así como efectos devastadores na saúde de quen os rodea”. Lamenta ademais o voceiro nacionalista a “parálise dos alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte” e considera que “deberían ter uns minutos para se preocupar por algo tan importante para toda a poboación”.

01 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.