Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aberta a inscrición para a sexta Legua Irmandiña

TERRA DE SONEIRA. A única carreira de Galicia cunha legua de distancia e con meta nun castelo medieval celébrase en Vimianzo. O sábado 25 de xuño a VI Legua Irmandiña será a que dea a benvida á celebración da 25 edición do Asalto ao Castelo. As diferentes categorías irán saíndo a partir das 21.00 horas, para aproveitar o momento do luscofusco e ter unha chegada máis fermosa aínda sobre a antiga ponte levadiza do castelo á luz dos fachos. A distancia da categoría absoluta é de unha legua, unha vella unidade de medida equivalente a uns cinco quilómetros e medio.

A cita está organizada polo club de atletismo Terra de Soneira, a asociación Cherinkas e colabora o Concello de Vimianzo. Todas as idades teñen acubillo nas distintas categorías. Os actos da proba concluirán cunha cerimonia de entrega de premios no castelo e o avituallamento. Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip. A proba de categoría pitufo finaliza na praza do concello. O resto das carreiras terán a saída na praza do concello e a meta no castelo de Vimianzo.

A data límite de inscrición para todas as categorías será o xoves 23 de xuño ás 23.59 horas. Realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com, tanto para as deportistas de categoría absoluta, coma para as de base. Custará 5 € para categoría absoluta e gratis para o resto de modalidades.

O horario de apertura das mesas na praza do Concello será a partir das 19.30. Os dorsais e chips poderanse recoller até 30 minutos antes do inicio da proba. Será obrigatorio o uso de chip e dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo.

09 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.