Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abertas as piscinas municipais de Vimianzo, Zas e Baio

O Concello de Vimianzo impulsou unha mellora integral da piscina municipal de cara a tempada de verán, e xa está aberta desde o xoves. Entre os traballos realizados, atópanse a impermeabilización de ambos vasos, xa que se porá novamente en marcha a infraestrutura pensada exclusivamente para nenas e nenos menores de 5 anos a vindeira semana. Ademais, dotouse ao espazo dun novo pechamento, instalouse céspede artificial e tamén se lle aplicou unha nova capa de pintura. Asemade realizaron melloras na sala de máquinas.

Este compendio de melloras, en verbas da alcaldesa, Mónica Rodríguez, eran “imprescindibles” xa que a piscina presentaba un notorio nivel de deterioro, e “con isto asegúrase que unha infraestrutura ao aire libre conta con materiais de calidade para resistir, ademais do uso diario, as inclemencias meteorolóxicas”.

Poderá empregarse seguindo a normativa vixente marcada polo contexto sanitario, e desde a Administración local avanzan que o horario de apertura será de martes a venres de 15.00 a 20.00 horas e a fin de semana de 14.00 a 20.00 horas. Ao longo do verán, á súa vez, organizaranse cursos de natación en horario de 11.45 a 13.30 horas.

Pola súa banda, o Concello de Zas tamén abriu as piscinas da capital muncipal e de Baio en horario de 12.00 a 20.00 horas e durante toda a campaña seguirase a normativa vixente sobre as medidas de prevención derivadas da COVID. Abriron tamén as inscricións para o uso das instalacións así como para os cursos de natación para as diferentes idades que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto.

O custe da inscrición para toda a tempada é de 9 euros para os menores de 14 anos e de 12 € para os mariores de catorce. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores así como a solicitude por primeira vez. Os bonos para asistir á piscina e o trámite dos carnés deberán realizarse nas oficinas municipais da Casa do Concello, de luns a venres de 08.00 a 13.00 horas.

Os prezos son de 0,60 € a entrada diaria, 3 o abono semanal, 6 o quincenal e 9 euros o mensual. Aos menores de 14 anos e ás persoas que dispoñan do Carné Xove aplicaraselle un desconto do 50% sobre estas tarifas.

Como todos os anos, o Concello de Zas oferta cursos de natación para diferentes idades nas dúas piscinas municipais que se realizarán dous días a semana en horario de mañá. Comezarán a próxima semana e desenvolveranse durante os meses de xullo e de agosto.

09 jul 2021 / 12:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.