Abren a matrícula na EOI de Cee
Costa da morte. A Escola Oficial de Idiomas de Cee, dependente da EOI da Coruña, xa ten aberto o prazo de matrícula e informa que o curso comezará o luns, día 19 de outubro, segundo a nova xefa de estudos da sección ceense, Esther Martínez. Editaron uns carteis para “dar a coñecer as vantaxes de ter unha escola de idiomas pertencente ao ensino público e de calidade na zona para aprender e perfeccionar a lingua inglesa”, afirma. Os interesados poden obter máis información na páxina web e nas nosas redes sociais: https://sites.google.com/site/escolacee/home
Este ano, como novidade, as clases seguirán o modelo de ensino mixto con clases presenciais e online, a través dunha aula virtual. M. L.
13 oct 2020 / 17:17
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.