Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Absolven a unha muller acusada de tentar matar a súa nai en Cee

O tribunal di que non consta que executase acto algún contra a vida da súa proxenitora

Cee. A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a unha acusada de tentar matar á súa nai e de maltratar ao seu pai, tetrapléxico, en Cee. O tribunal considera probado que a sospeitosa discutiu coa súa nai no domicilio familiar e lle quitou o teléfono polo que estaba a falar. Despois, segundo o fallo, baixou á habitación na que estaba o seu pai, onde se produciu unha discusión durante a que a acusada lle lanzou unha ou varias pezas de roupa. “Non consta que executase acto algún contra a vida da súa nai ou contra a integridade física do seu pai”, salientan os maxistrados.

“Existe proba, pero o seu contido non permite establecer que teña a robustez esixible para sustentar un pronunciamento de condena, dada a súa insuficiencia para determinar máis aló de toda dúbida razoable os aspectos esenciais de feito e acción”, afirma o tribunal. Sinalar que contra a resolución cabe presentar recurso.

Os feitos aconteceron o 21 de abril de 2020 cando, segundo a Fiscalía, supostamente, a muller intentou asfixiar á súa nai e posteriormente maltratou ao seu pai. A acusada, agora absolta, alegou na súa defensa durante o xuízo oral que non tocara a súa nai e que todo era “unha montaxe para mandala ao cárcere”. Sinalou ademais que lle tiña “moito medo” á súa proxenitora e que, incluso, se desmaiaba cando estaba preto dela, pois xa lle anticipara unha suposta montaxe para enviala a prisión. O Fiscal pedía para ela unha pena de sete anos e medio. M. L.

21 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.