Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adecom denuncia que se reduciu o caudal de auga na fervenza do Ézaro

DUMBRÍA. A Asociación de Defensa da Costa da Morte (Adecom) denuncia que a Xunta “autorizou a Xeal a reducir o caudal ecolóxico que libera o encoro de Santa Uxía que explota para a produción hidroeléctrica, o que xa estaría a aplicar, como se pode comprobar a simple vista do ínfimo chorro de auga que cae agora na fervenza do Ézaro”.

Aseguran que “a empresa e a Xunta poderían estar a incumprir o mandato xudicial que dera a razón á entidade AEMS Ríos con Vida na súa denuncia presentada en 2010 polas continuas secas que viña provocando a eléctrica no río Xallas, e que entre outros prexuízos poñía en grave risco a supervivencia da biodiversidade nos 1,4 quilómetros do treito final do río, que contén especies protexidas e mesmo algunha en perigo de extinción, coma o Isoetes fluitans”.

A resolución xudicial, engaden, obrigaba á empresa a liberar un caudal mínimo (ecolóxico) de 3,434 m³ de auga por segundo, o que se viña respectando desde 2010 ata agora. M. LAVANDEIRA

24 jun 2021 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.