Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adiante Vimianzo solicita un pleno extraordinario para abordar medidas de impulso económico e social

O grupo municipal Adiante Vimianzo vén de solicitar a convocatoria dun Pleno extraordinario da corporación para abordar medidas para o impulso económico e social do Concello.

O día 6 de novembro presentaran xa un documento de propostas para a reactivación económica contra os efectos da Covid que, se ben xa viñan manifesándose desde o mes de marzo, acrecentáronse máis nestes meses de outubro e novembro coas novas restricións impostas no noso concello. O documento acompañaba a unha solicitude para que a alcaldía convocase unha comisión na que se puidesen abordar estas propostas xunto con calquera outra que puidesen achegar os demais grupos da corporación.

“Pasada unha semana o goberno municipal non moveu ficha a este respecto, e Adiante Vimianzo cre que estas son unhas medidas urxentes e estamos nun momento de máxima urxencia, de aí a solicitude de convocatoria desta sesión extraordinaria do Pleno da corporación. En momentos extraordinarios hai que tomar medidas extraordinarias, que non se poden aplicar do día para a mañá porque a administración ten uns trámites que cumprir, e mentres o tempo pasa a hostalaría, microempresas e autónomos/as seguen agardando axudas que nunca chegan”, afirman.

Aseguran ser coñecedores de que tivo lugar unha xuntanza, decepcionante, do goberno municipal co sector da hostalaría, onde a alcaldesa non puxo sobre a mesa ningunha iniciativa concreta propia, o que volve poñer de manifesto a falta de iniciativa e de compromiso coa sociedade vimiancesa deste goberno municipal.

15 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.