Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudicado o proxecto da depuradora que dará servizo a Cee e Corcubión

COSTA DA MORTE. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou á empresa UTE Novotec Consultores, S.A & Serye Ingenieros, S.L, a redacción do proxecto da nova depuradora de Cee e Corcubión por preto de 263.000 euros. O prazo de execución é de 12 meses, e o obxectivo é deseñar unhas novas instalacións de depuración que permitan xestionar, en tempo seco, unha poboación de 15.048 habitantes, e con chuvias as augas residuais procedentes do tanque de tormentas situado en Cee, que elevarán ata un caudal de 170 litros por segundo. A construción da nova depuradora enmárcase na segunda fase das actuacións proxectadas ao abeiro do Plan de saneamento da ría Cee-Corcubión. O Goberno galego xa está a avanzar no desenvolvemento da primeira fase do proxecto. J. M.

15 jul 2021 / 17:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.