Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicados os traballos para dotar de rede de abastecemento ao lugar de Suxo

O alcalde, Iago Toba, asegura que as obras poderán comezar nas vindeiras semanas

Muxía. O goberno local de Muxía adxudicou as esperadas e tan demandadas obras da rede de abastecemento de auga potable de Suxo, “cumprindo así unha promesa histórica do municipio”, afirmou o alcalde, Iago Toba.

A intervención conta xa con todos os permisos necesarios aceptados e está previsto que os traballos dean comezo nas vindeiras semanas. Tras o anuncio, o rexedor destacou que “este goberno local, de tan só tres persoas, conseguiu facer realidade a maior promesa desta lexislatura, unha obra prometida por innumerables gobernos con maioría absoluta pero que ninguén fixo ata agora”.

Ademais, Toba amosouse “contento por terlle demostrado a toda a veciñanza que, tras moitas loitas e trabas, este goberno cumpre coa súa palabra”. Tamén engadiu que “agardo unha desculpa pública a toda a veciñanza de Suxo por parte da portavoz do PP, Sandra Vilela, por faltar á verdade en varias ocasións e afirmar en reunións recentes con todos eles que o goberno non tiña proxecto nin permisos, e que todo era unha mentira”. “Unha vez máis, o tempo pon a cada un no seu sitio, desmontando as xustificacións da oposición que traballou en contra dos intereses da veciñanza”, engadiu.

“Hoxe pechamos o derradeiro paso para cumprir unha demanda histórica. Ao igual que o proxecto da gardería, vai ser nesta lexislatura e con este goberno de tres persoas na que ambos se farán realidade”, dixo Toba, que agradece o traballo “incansable” dos edís do goberno. M. L.

21 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.