Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Agasallos para os benxamíns de Cee polos títulos acadados na Liga e na Copa da Costa

A alcaldesa e a concelleira de Servizos Sociais entregáronlles unha camiseta e un diploma // Felicitaron tamén as futbolistas de Prebenxamín e Promesas polo seu bo traballo

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela e a concelleira de Servizos Sociais, Emilia Trillo, déronlle unha sorpresa aos integrantes do equipo benxamín presentándose no seu adestramento no estadio municipal de fútbol San Paio de Refoxos de Cee.

Agasallaron ás promesas do fútbol ceense cunha camiseta serigrafíada a cada neno (e tamén aos adestradores) coa lenda Campións de Liga e Copa da Costa Benxamín, e na parte posterior o logotipo do Concello de Cee coa silueta do IES Fernando Blanco. Ademais, entregáronlle un diploma personalizado e un lote de chucherías para cada un dos xoves deportistas.

Un plantel que está formado por Alex, Thiago, Pablo Mosteyrín, Fabio, Sergio, Pablo Lago, Martiño, Yoel, Antón, Tomás, Felipe e Marcos, e que ten como adestradores a Leo e Ezequiel.

A alcaldesa felicitou tamén aos dous equipos femininos das categorías Prebenxamín e Promesas do U.C. Cee, que se atopaban adestrando simultaneamente, polo traballo feito e por potenciar a representación feminina nun deporte cun marcado carácter masculino dende os seus inicios. “É un orgullo que representen ao concello por toda a provincia e a nivel autonómico”, afirmou.

24 jun 2022 / 10:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.