Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alexandre Otero e Mar Delgado impuxéronse no Duatlón Cros de Reis en Vimianzo

Máis de douscentos atletas desafiaron á choiva este domingo para competir no XIII Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo, no que resultaron vencedores Alexandre Otero Iglesias, na categoría masculina, e María del Mar Delgado González, do Club Tríatlon Ferrol, que volveu a subir ao máis alto do podio, como xa o fixera o pasado ano. Tamén o ía facer o atleta vimiancés Gabriel Castiñeira, que foi o primeiro en cruzar a líña de meta pero, finalmente, foi descalificado por chegar sen o número de dorsal.

Otero Iglesias empregou 1 hora 32 minutos e 29 segundos en completar a proba, tras percorrer un primeiro treito de 5,4 kilómetros de carreira a pé, 21 en bicicleta e unha terceira volta de 3,6 quilómetros, tamén a pé , polo xa tradicional circuíto da parroquia de Salto (Vimianzo). Pola súa banda, Delgado González fixo o propio en 01 hora 58 minutos 53 segundos, unha marca que lle valeu para conquistar este título por segundo ano consecutivo.

Na categoría Sub-23, o primeiro posto foi para Antonio Souto Prieto, do Club Tríatlon Compostela. Doutra banda, na categoría de veteranos ocuparon o podio Marcos Mayo Figueira (Tríatlon O Treito) e Ana María Vilas Pérez (Club Tríatlon Compostela). No apartado de relevos, puntuable para o circuíto galego, David Pérez Castro e Uxío Canosa Canosa (C.C. Os Esfola Arrós) conseguiron o mellor tempo na categoría masculina, Maruxa Gemperle Ares e Sabela Rey Miguens (independente-Club Olímpico de Vedra) fixérono na feminina, namentres que María de la Barca Toba Suárez e Ramiro González Franco (A.D. Tri-Penta Terras de Lugo- Tríatlon Costa da Morte) na mixta.

Por último, entregouse un recoñecemento a David Calzas Insua (Tríatlon Costa da Morte) na categoría local, e o Concello tamén homenaxeou ao técnico de Deportes, Víctor Santos, polo seu gran labor como coordinador da proba desde os comezos da mesma.

Desde o Concello de Vimianzo celebran o gran “éxito” acadado, un ano máis, nesta competición, que trouxo á capital de Soneira a deportistas de toda a xeografía galega. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e concelleiros do grupo de goberno presidiron o acto de entrega de premios.

10 ene 2022 / 10:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.