Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alternativas forestais ao minifundio en Camariñas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza do 13 ao 23 de outubro no Centro de Iniciativas Empresariais de Camariñas un curso sobre alternativas de xestión ao minifundio forestal, de 44 horas de duración.

O obxectivo da iniciativa é mostrar as posibilidades que ofrece o asociacionismo como solución ao minifundio, ademais de dar a coñecer cultivos alternativos ás principais especies forestais como poden ser os arandos, as mazás de sidra ou as castañas. Nesa liña, buscarase que os participantes adquiran os coñecementos técnicos e profesionais precisos para establecer algún destes aproveitamentos.

O programa inclúe contidos sobre a situación do sector forestal en Galicia e sobre a xestión conxunta, ademais de especificidades dos cultivos mencionados. En relación ao castiñeiro, falarase de tratamentos silvícolas e de canles de venda da castaña, ademais de facerse unha análise económica deste tipo de aproveitamento. No que se refire ás maceiras para sidra e aos arandos, tratarase a xestión destas plantacións e tamén os aspectos comerciais de interese. Nesa dirección, a formación concluirá cunha visita a unha produción forestal froiteira, para que os alumnos poidan comprobar no campo os coñecementos adquiridos.

O curso está dirixido en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

12 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.