Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amplia e variada oferta deportiva para desfrutar do verán na vila de Cee

O Concello de Cee presentou este venres o programa de actividades lúdico-deportivas para este verán, no que destaca a primeira edición do DeporCampus organizado polo R.C. Deportivo, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Desenvolverase do 28 de xuño ao 2 de xullo.

Ademais, a programación inclúe o Programa Orientación, Deporte e Aventura, para nenos e nenas de 7 a 14 años. Terá lugar no mes de xullo e organizaranse catro quendas cun máximo de quince participantes.

A doceava edición do Campus de Baloncesto ACB Costa da Morte, o Campus de Fútbol da SRD Unión Club Cee, a Escola de Verán Club Cee de Deportes de Contacto, o Campus Multideporte da Pisina Municipal, o Campus de Verán do Club Arte e Movemento e Programa Respira, para facilitar a conciliación laboral e familiar, complementan a ampla e variada oferta deseñada polo departamento de Deportes.

O acto de presentación estivo presidido pola alcaldesa, Margarita Lamela; e asistiron tamén o concelleiro de Deportes, Juan Manuel Buiturón; o presidente do U. C. Cee, Ramón Iglesias; o coordinador das actividades formativas do R. C. Deportivo, Pablo Barros; o coordinador das Escolas Luis Calvo, David Iglesias, e o técnico municipal de Deportes, Manuel Calo, entre outros.

11 jun 2021 / 21:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.