Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ampliarán o orzamento de Axuda no Fogar no municipio de Camariñas

O Plan Complementario vai permitir acometer a segunda fase da senda peonil de Lingunde

Camariñas. O Concello de Camariñas levará ao pleno ordinario este venres a aprobación do Plan Único 2023 da Deputación da Coruña polo que destinarán un total de 306.076,74 euros a ampliar e reforzar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) municipal, pavimentar rúas e camiños, facer fronte a gastos correntes e reducir a débeda.

O goberno local, que preside Sandra Insua, decidiu ampliar e reforzar o SAF cos 49.873,87 euros que lle corresponden do Plan Único Social, creado para sufragar gastos sociais extraordinarios.

Pola súa banda, o Plan Único 2023 de Cooperación ás Obras e Servizos para o Concello de Camariñas suma un total de 256.202,87 euros, dos que 170.996,13 euros serán para financiar gastos correntes, 3.562,42 euros para a redución de débeda con entidades financeiras e 81.644,32 euros para investimentos.

Neste último epígrafe inclúense dous proxectos: o arranxo das rúas no lugar de Dor, que conta cun orzamento de 30.000 euros, e a reparación do pavimento de pistas no lugar de Trasteiro, en Xaviña, valorada en 51.644 €.

No Plan Complementario 2023, valorado en 544.954,69 euros, incluiranse a reforma do parque infantil de Campo da Area (Camelle), o acondicionamento da rúa Carreira, a segunda fase da senda peonil de Lingunde, o arranxo e mellora de rúas nos lugares de Santa Mariña, Fonte e Xunqueira, o reforzo da rede de saneamento en Ponte do Porto e a humanización das rúas alcalde Noguera e Médico Tomás Artaza. M. L.

26 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.