Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Analizan a auga da traída de Muxía pola aparición dun brote de gastroenterite

Muxía. O Concello de Muxía, logo de coñecer que máis de corenta veciños e veciñas da capital local e doutras parroquias están afectados por síntomas de gastroenterite, comezou na mañá do xoves a realizar numerosos controis e analíticas da auga da rede de abastecemento.

Aínda que nun primeiro control se certificou que era potable, o alcalde, Iago Toba, encargou á empresa Biocontrol y Calidad un estudo máis pormenorizado. A media tarde coñecíanse os primeiros resultados, que confirmaban que os valores da auga son normais e non se detectou contaminación por purín.

“Aínda así, a empresa, baixo a nosa orde, segue co estudo das mostras de auga, e ofrecerá máis datos nas vindeiras 24 horas”, afirmou o rexedor. “Non escatimaremos en recursos económicos nin en traballo para xestionar este problema, e esperamos de todo corazón a pronta recuperación dos afectados e afectadas, poñéndome á súa disposición para o que precisen”, engadiu o mandatario.

Á espera de coñecer a orixe do brote, o Concello mantén a recomendación de que non se beba auga da traída municipal ata que se coñezan os resultados definitivos.

Iago Toba está en “permanente contacto con responsables médicos e autoridades sanitarias autonómicas para intercambiar información e coordinar as accións a adoptar”. Sinalar que entre os afectados hai persoas que non consumiron auga da traída, polo que non se descarta que a causa poida ser outra. J. M.

01 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.