Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Andaina e obradoiro fotográfico entre o santuario da Barca de Muxía e Cereixo

O sábado 18 de setembro terá lugar unha dobre cita en Vimianzo para os afeccionados ao sendeirismo e a fotografía. No marco do proxecto Translatio e Camiños de Santiago nas Terras dos Condes de Altamira realizarase unha andaina e un obradoiro fotográfico. Desenvolveranse de xeito simultáneo, con saída dende o santuario da Virxe da Barca de Muxía ata chegar ao Porto de Cereixo.

Acompañadas dun guía especialista, as persoas participantes na camiñada adquirirán coñecementos detallados mentres gozan dun fermoso paseo pola ribeira sur da ría de Camariñas. Pola súa parte, para os interesados no obradoiro, o fotoxornalista Manuel Blanco, especialista en reportaxes de viaxes, amosará técnicas fotográficas para sacarlle o mellor partido as experiencias turísticas.

A actividade e gratuíta, con capacidade limitada. As reservas xa se poden realizar a traves da web municipal www.vimianzo.gal ou no enderezo electrónico desenvolvemento. local@vimianzo. gal.

Esta xornada, que fora adiada en xuño polo mal tempo, está organizada polo Concello de Vimianzo no marco do programa O teu Xacobeo promovido pola Xunta de Galicia. Ademais da excursión, están a desenvolverse máis actividades durante o mes de setembro, como as representacións teatrais que acolle o adro da igrexa de Santiago de Cereixo. A barca prodixiosa de Cereixo, dos Quinquillans, é unha peza única creada singularmente para este programa, con entrada de balde, todos os venres as 17.00 horas até finais de mes.

A actividade que dará clausura a este programa xacobeo, terá lugar na mañá do 24 de setembro. Será un foro con compoñente europeo no que se tratarán diferentes áreas como a historia, o patrimonio e o turismo relacionados coa poderosa imaxe xacobea de Cereixo e os elementos xacobeos vimianceses.

16 sep 2021 / 20:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.