Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Andainas para dar a coñecer o patrimonio histórico e natural de Vimianzo

Comezarán o sábado, día 26 de xuño, cun roteiro polos Penedos de Pasarela e Traba // O programa Recunchos inclúe outras cinco rutas entre os meses de xullo e setembro

O Concello de Vimianzo lanza un programa de andainas baixo o nome de Recunchos, coa fin de dar a coñecer o seu patrimonio. Comezará o vindeiro sábado 26 de xuño e se estenderá ata o 11 de setembro de 2021. Esta primeira actividade desenvolverase nos Penedos de Pasarela e Traba, con saída ás 9:30 horas na escola de Pasarela. Terá unha extensión de 8 quilómetros aproximadamente.

Para participar na mesma, poderase facer efectiva a inscrición no formulario web https://forms.gle/Y3mDf4MqWPLX9xVJ7, e recoméndase empregar botas de montaña ou calzado axeitado, roupa cómoda e adecuada ás condicións meteorolóxicas, paraugas ou sombreiro ou protección solar, mochila con comida e bebida e bastóns de sendeirismo.

Todos as andainas son circulares, con saída e chegada no mesmo punto. As persoas participantes deberán trasladarse ao punto de inicio da andaina polos seus propios medios. No caso de participación de menores de idade, estes deben ir acompañados dun adulto e con autorización do pai, nai ou titor legal. Está prohibido deixar lixo nos espazos naturais.

As seguintes rutas discorrerán polo Vieiro Fidalgo, (10 de xullo); Bamiro: un paseo pola historia, (17 de xullo); Vimianzo- Castrobuxán, (14 de agosto); Os segredos do Val de Vimianzo (21 de agosto) e a Ruta do mel (11 de setembro).

21 jun 2021 / 20:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.