Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apelan a un uso responsable do servizo de recollida de lixo en Muxía

Atoparon rodas, latas e escombros de obra nos contedores verdes // A Policía Local está a investigar para identificar aos autores dos verquidos

O Concello de Muxía vén detectando nas derradeiras semanas un mal uso nos colectores de orgánico do municipio, vencellado a unha falta de civismo por parte duns poucos e que poden derivar nun aumento do gasto na factura da recollida e nunha mala imaxe, dado que nos atopamos en tempada alta.

O alcalde, Iago Toba, insiste en que a Administración local “reforzou as tarefas de recollida e mantemento deste mobiliario”, pero que aínda así “non está a ser suficiente e por iso facemos un chamamento á colaboración cidadá”. O rexedor advirte que “vimos detectando nas derradeiras semanas exemplos de comportamentos autenticamente inhumanos nos colectores” e insta a “respectar a convivencia responsable dos bens e servizos comúns”.

Lémbrase que hai que tirar ao lixo as bolsas perfectamente pechadas e repartindo, no caso de haber varios colectores, entre os que haxa para que uns non queden baleiros e outros cheos. Se por calquera incidencia se producise un derrame de aceites ou lixo no camiño, e na contorna dos colectores, rógase limpar con auga e desinfectante. É convinte tirar o lixo cara a última hora do día, evitando as horas de máis sol.

A Policía Local xa traballa para atopar pescudas que leven a averiguar a procedencia destas actuacións e proceder ás sancións correspondentes. Incídese en que “con este tipo de accións pódese ocasionar a rotura dos elementos dos vehículos de recollida do lixo, co conseguinte gasto para as arcas municipais”, lembran desde o goberno local.

24 ago 2021 / 19:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.