Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apoio de Agader á fabrica de pensos de Agrosoneira

VIMIANZO. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, supervisou en Vimianzo as actuacións de posta en valor da actividade de Agrosoneira, empresa beneficiaria de máis de 328.000 euros do programa Leader para mellorar distintos aspectos da fabricación de pensos nas súas instalacións. A través do GDR Costa da Morte, mobilizáronse así, grazas a estas achegas, preto dun millón de euros de investimento e consolidáronse os preto dunha vintena de postos de traballo desta fábrica, dinamizando -en consecuencia- a economía da comarca de Terra de Soneira.

A última axuda concedida a Agrosoneira -sobre un orzamento aceptado de 59.890 euros- foi de 16.050 euros, para abordar a ampliación das celas destinadas aos correctores, que son os complementos vitamínicos que buscan corrixir as deficiencias nutricionais dos animais. Con esta medida, perséguese incrementar a capacidade produtiva de pensos feitos a medida, de xeito que se poidan elaborar de modo automático garantindo a súa correcta formulación. Tamén mellorar aspectos de control e sanitarios á hora da dosificación precisa dos correctores.

Por último, quérese acadar unha maior eficiencia económica na xestión destes produtos que teñen un valor significativamente alto en comparación co resto de ingredientes. Nesa liña, a dosificación en exceso dalgún corrector ou a súa mala conservación provocaba perdas que a partir de agora se evitarán.

Cabe apuntar que Agrosoneira xa recibira ata tres achegas do Leader nos últimos anos, concretamente para a modernización e incremento da capacidade produtiva da súa fábrica, para a implantación dun sistema de adición de lípidos e para a adquisición dun equipo de análise e dun ecógrafo, coa finalidade de consolidar a súa fabricación e comercialización de pensos para animais de granxa.

28 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.