Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoio do BNG as reivindicacións contra o peche de oficinas de Abanca

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo un encontro coa portavoz nacional, Ana Pontón, e varios deputados nacionalistas

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo un encontro coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no que lle trasladou o malestar da veciñanza polo peche da oficina de Abanca previsto para o vindeiro 8 de setembro, o cal unido aos das oficinas de Baíñas - no Concello de Vimianzo - e de A Baña, afecta directamente a 10.000 persoas de toda a comarca.

“Este é claramente un novo episodio de abandono do rural que implica perda de servizos, a perda dese trato directo que recibe o cliente e afecta de negativamente na economía local”, explicou rexedor de Zas. Coñecedora da situación de exclusión financieira na que se atopan nestes momentos unha gran cantidade de concellos galegos, Ana Pontón comprometeuse a trasladar todas as inquedanzas ao Parlamento Galego a través de diferentes iniciativas. Así mesmo, manifestou o seu malestar por estes peches que afectan a toda Galicia e que perxudican fundamentalmente a pensionistas, un dos grupos de poboación nos que existe unha maior fenda dixital. O BNG xa presentou varias iniciativas ante o Parlamento pedindo a intervención do Goberno galego.

Por outra parte, o Alcalde de Zas recordou durante o encontro que o concellos de Zas, Vimianzo e Abaña convocaron para este xoves, 2 de setembro, ás 11.30 horas unha manifestación diante da sede de Abanca na Coruña e na que está confirmada a participación de veciños e veciñas dos tres municipios así como doutros concellos limítrofes afectados por estes peches.

31 ago 2021 / 13:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.