Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aposta firme en Vimianzo polo Camiño de Santiago

Terra de Soneira. A Corporación de Vimianzo apoiou o recoñecemento e apoio á Vía Céltica como camiño de peregrinación a Santiago. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, asegurou que “estes acordos supoñen un recoñecemento patrimonial a un dos roteiros peregrinos máis relevantes da Costa da Morte”, sinalou. A oficialidade deste itinerario permite que os peregrinos poidan recibir a prezada Compostela, que expide a Catedral. Non obstante, engadiu, “tamén implica unha enorme responsabilidade para os Concellos polos que transcorre o camiño, como o noso, que non só deben facilitar a experiencia dos peregrinos que queiran descubrir esta vía, senón tamén dinamizar o tecido local para que non deixe pasar esta oportunidade.

Nesta aposta polas rutas xacobeas, o Concello xunto co Club Triatlón Costa da Morte, organizarán o 8 de abril coloquios e unha exposición que terán como protagonista e guía ao aventureiro, historiador e escritor Alberto Cacharrón. Dúas obras deste autor, El camino de las estrellas, para público mozo, e Iter Sancti Iacobi, para os adultos centrarán os contidos desta iniciativa.

Entre as 9.00 e as 20.00 horas impartiranse charlas para os escolares do CEIP San Vicenzo e o IES Terra de Soneira, e tamén outra para os maiores na Casa da Cultura. Cada conferencia complementarase cunha visita guiada por Alberto Cacharrón á exposición fotográfica que recolle imaxes de quince das súas viaxes polos Andes, o Sáhara ou os Alpes.

O directivo do Club Triatlón Costa da Morte, David Baralla, explicou que, froito da súa amizade con Alberto Cacharrón, xurdeu esta iniciativa co fin de “apoiar outro tipo de actividades vencelladas ao deporte e aproveitar os seus amplos coñecementos sobre o Camiño de Santiago”. E é que, Cacharrón, no só percorreu todas as rutas xacobeas, senón que tamén as estudou en profundidade e recolleu a historia de Santiago nun libro, despois de seis anos de investigación. Nesa publicación explica, entre outras moitas cousas, que a historia de Compostela remóntase moito atrás do século IX cando se descubriu a tumba do Apóstolo, concretamente “ao século VI antes de Cristo”, afirmou.

O historiador e escritor ourensán é ademais un gran aventureiro, que percorreu boa parte de Europa e América e convida a todo o mundo a “viaxar, pois axuda a abrir a mente, e para min é como unha universidade paralela que aporta valores como o respecto ou a tolerancia”.

27 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.