Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 febrero 2023
12:13
h

Vimianzo e a EFA Fonteboa fomentan a alimentación ecolóxica e inclusiva

Terra de Soneira. O Concello de Vimianzo comezou as accións do seu proxecto Food Wave, en colaboración coa EFA Fonteboa, de Coristanco, coa proxección da creación dun xardín público de alimentos que se chamará Xardín dos sabores, no que participa o alumnado de paisaxismo do centro en coordinación co profesorado. Rosa Sánchez, ADL da Administración vimiancesa, e Xiomara Lazo, técnica de Igualdade -xa que de maneira transversal se introduce a perspectiva de xénero-, están impartindo faladoiros en varias sesións tanto nesta escola como no IES Terra de Soneira. Este proxecto forma parte do programa da Comisión Europea DEAR – Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización, que ten por obxectivo apoiar e involucrar a opinión pública europea en temas sociais, económicos e ambientais a nivel mundial.

Vai dirixido a mozos de 16 e os 35 anos e o obxectivo principal é mudar o seu comportamento de consumo de alimentos e promover un cambio a sistemas alimentarios máis ecolóxicos e inclusivos para reducir o avance do cambio climático.

O proxecto que promove o Concello conta cunha axuda de 3,500 euros, e pon en marcha talleres baseados no poder ecolóxico do consumidor de alimentos. As persoas participantes aprenden sobre a identificación dos produtos locais, a filosofía Slow Food (alimentos bos, xustos e limpos), a preparación de comidas con baixo consumo de enerxía ou a elaboración de alimentos con sobras, ca fin de minorar os desperdicios. Tamén se poñerán en marcha hortos urbanos e un xardín con plantas aromáticas de uso alimentario.

Os resultados daranse a coñecer a través dun libro virtual e un conxunto de vídeo receitas que se divulgarán a través da web municipal (vimianzo.gal) e redes sociais do Concello, medios de comunicación e presentacións particulares. Tamén se promoverán actividades en conmemoración polo Día Internacional da Alimentación, o 16 de outubro, e o Día da Terra Nai, o 9 de decembro.

10 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.