Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arranca en Cee un novo curso das escolas municipais de música e teatro

O venres, día 7, chega á vila o musical ‘El tributo del Rey León’ nunha dobre función

Cee. Chegou o outono e con él a volta a vida cotiá despois dun intenso verán. En Cee decidiron que chegou o momento de iniciar ás clases nas Escolas de Música e Teatro.

Este luns, día 3 de outubro, están citados o alumnado da Escola de Música de acordeón, piano, frauta, clarinete e gaita por unha parte, e o alumnado do grupo de adultos da Escola de Teatro por outra. Éstes últimos terán a primeira reunión de presentación ás 21.00 horas no reformado salón de actos do concello, que conta con novo escenario, sistema de climatización e todas as comodidades para acoller de novo as clases teatrais, quedando ó mesmo tempo un novo espazo útil para a realización doutras actividades de tipo cultural, informativo e de ocio.

O martes 4 de outubro, a partir das 19.00 horas, o mesmo escenario acollerá o alumnado dos grupos infantís e xuvenil, mentras que na Escola de Música será o turno para o alumnado das especialidades de percusión, violín e guitarra. Ó día seguinte, mércores 5, darán comezo as clases colectivas de linguaxe musical, coro e harmonía.

Esta primeira semana de outubro, terá como colofón, e coas entradas esgotadas, a representación doble no Auditorio Baldomero Cores do nusical Tributo ó Rei León, o venres 7, con funcións ás 18.00 e ás 20.00 horas. No referente ó mundo das exposicións, desde o 3 e ata o 10, a Praza da Constitución acollerá Entre Lusco e fusco, mostra fotográfica de Adolfo Enríquez que nos amosa a beleza do Camiño de Fisterra e Muxía. M. L.

03 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.