Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Artesanía en vivo e visitas teatralizadas no castelo de Vimianzo

O castelo de Vimianzo continuará a ser o epicentro cultural no verán coas visitas teatralizadas e os obradoiros de artesanía en vivo. O programa comezou o pasado día 3 de xullo con motivo do XXV Asalto ao Castelo cunha visita teatralizada, e terá continuidade cunha nova xornada este domingo, 10 de xullo, en quendas de 12.30 e 17.00 horas. As datas de celebración das visitas guiadas serán, ademáis deste domingo, o 17, 24 e 31 de xullo; o 7, 14, 21 e 28 de agosto e o 4 e 11 de setembro, tanto en horario de mañá como de tarde (12.30 e 17.00 horas). Os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta. Son totalmente gratuítas.

Así, este mesmo sábado tamén darán comezo as actividades de artesanía viva, cun obradoiro o día 9 de barcos e nasas, que dará comezo ás 11.00 horas a cargo de Chema Suárez. Haberá 12 prazas dispoñibles, sendo completamente de balde. O día 16 de xullo celebrarase o taller Modela co barro, ás 11.00 horas a cargo de Obradoiro Cambón; o 23 de xullo Sopla o vidro tamén ás 11.00 horas con Esther Ferreiro (para este tan só hai dispoñibles 8 prazas) e o 30 de xullo Panillada, ás 17.00 horas coa Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas.

Para agosto, o día 6, Tecendo liño, ás 11.00 horas coa Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira; o día 13 de agosto Arte en palla, ás 11.00 horas coa Asociación Arte en palla de Baíñas; o día 20 Modela co barro, a partir das 11.00 horas con Obradoiro Lista; e o 27 de agosto a partir das 11.00 horas Encadernación, a partir das 11.00 horas con Aspadex.

Para setembro, o día 3 a partir das 11.00 horas reservarase para o obradoiro Encaixe, coa Asociación de palilleiras As Nemanquiñas e o día 10 de setembro, un novo desfile do liño, ás 17.00 horas coa Asociación de Amigos do Liño de Galicia. As inscricións poderán realizarse a través do enderezo www.vimianzo.gal/turismo.

Visita nocturna

O sábado 16 de xullo, o castelo albergará tamén unha visita teatralizada nocturna, que dará comezo ás 21.00 horas. Poderase reservar praza en www.vimianzo.gal/turismo.

06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.