Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 15 junio 2021
01:40
h

‘As pombas de Bastián’ a nova novela xuvenil de María Canosa

A escritora ceense vén de publicar tamén unha biografía ilustrada de Emilia Pardo Bazán

Animar a soñar e respectar aos demais é obxectivo da última novela xuvenil da escritora ceense María Canosa, que leva por título As pombas de Bastián. Está ilustrada por Noemí López e editada por Xerais. Trátase, segundo sinala a autora, “doutro libro pensado para o público máis novo” ao que convida a soñar e respectar aos outros “por moi diferentes a nós que poidan parecer”.

Recentemente, vén de ver a luz tamén outra obra súa: Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa. É unha biografía ilustrada, que está no mercado da man do selo editorial Bululú, “marabillosamente ilustrada por Bea Gregores”, afirma María.

É unh obra pensada para todos os públicos, “na que tratamos de achegar a figura de dona Emilia aos máis novos, pero tamén a todos os que, dunha maneira sucinta, queiran achegarse á figura da ilustre escritora”. O libro vai relatando a súa vida en orde cronolóxica, dividíndoa en capítulos segundo os feitos máis destacables de breves períodos do tempo, e comezando polo nacemento da protagonista “coa idea de facer fincapé na influencia que a lectura tivo na súa vida desde os primeiros momentos”, conclúe a creadora ceense.

24 abr 2021 / 13:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.